é voar e sentir que estás na casa
01
Sei como te sentes
Ás veces a vida encóllese.
Pode que haxa días que che resulte difícil erguerte, nos que sentes que o aire pesa ou que che custa ata respirar.
Sentes que a mente se enmaraña, o corazón engúrrase e o corpo dóbrase cara dentro.
Pensas que o tes todo e aínda así, sentes que che falta algo.
Podes estar… pero non ser.
Entendo… entendo esa sensación, esa morriña de ti mesma, ese estar lonxe, incluso cando estás na casa.
E tamén sei como te podes sentir ti.
Quizais non haxa un gran malestar.
Incluso dúbidas de se realmente necesitas ir a terapia.
Só que hai algo dentro de ti que pide unha pausa.
Un espazo para falar, para aclararte -ou simplemente para escoitarte-.
Un tempo para ti.
Para parar, para entenderte mellor, para recolocar o que se move dentro.
02
Agora, imaxina
Agora, imaxina -só por un segundo- poder respirar fondo outra vez.
Colles folgos, endereitas o corpo e das dobras, nace algo novo.
Calma.
Lixeireza.
Presenza.
Autenticidade.
Espazo para moverte, para descubrirte, para relacionarte, para voar…
para ser TI.
Porque ser LIBRE é volver a ti mesma.
03
Parar
Neste espazo de calma e reflexión persoal, poderás parar, poderás respirar.
Xuntas, acolleremos e daremos forma ao que sentes.
Xuntas, poremos palabras ao que necesites comprender.
Acompañareite a pensarte e a pensar a túa historia (porque cada historia pode despregarse de novo cunha nova mirada).
Acompañareite a atoparte, a volver a casa, a TI (porque sempre estiveches aí).
04
Acompáñote
Benvida! Son Nuria!
Levo máis de 17 anos acompañando procesos dende una mirada humanista, integrativa, formada en trauma e feminista (porque somos seres individuais, si, pero tamén somos seres profundamente sociais).
Acompáñote dende un enfoque que acolle diferentes maneiras de comprenderte. Integra a emoción, o corpo, a mente e a túa historia persoal.
Non só buscamos aliviar o que doe: buscamos comprenderte, reparar feridas antigas e abrir espazo para que poidas vivirte máis libre.
Porque cada proceso é único.
Porque cada prego importa.
Porque ti importas.
Este é o meu percorrido profesional:
Licenciada en Psicoloxía (Universidade de Granada)
Acreditada como Psicóloga General Sanitaria
Máis de 16 anos como psicoterapeuta na Xunta de Galicia
Especialista en intervención multidisciplinaria en violencia de xénero (Universidade Pontificia de Salamanca)
Experta en intervencións sistémicas (Homologado pola Federación Española de Asociacións de Terapia Familiar)
Máster en psicoterapia humanista integrativa (Instituto Galene)
Integración e reprocesamento do trauma, nivel I e II (Instituto Aleces)
Brainspotting nivel I, EMDR nivel I e coherencia cardíaca e Biofeedback HRV en psicoterapia e trauma
Psicoterapia psicoanalítica (Sociedad Forum de Psicoterapia Psicoanalítica)
05
Pregunta
A liberdade tamén comeza por poñer palabras ao que necesitas saber e así, sentirte segura co proceso.
06
Escríbeme
Se chegaches ata aquí é porque algo en ti pide un cambio.
Quizais haxa dor, confusión ou canseira.
Ou quizais só un desexo de coñecerte mellor, de facer sitio para ti, de sentirte máis libre por dentro.
Se algo do que liches, resoa en ti, escríbeme.
- Tel./WhatsApp: 635 545 768
- Email: libreconsultadepsicologia@gmail.com
Sei que pode dar vertixe, pero a vertixe non é o medo a caer, se non as ganas de voar.
TEL./WHATSAPP: 635 545 768 | EMAIL: libreconsultadepsicologia@gmail.com
Nº de colexiada: G-04026 COPGA | Nº de rexistro sanitario: C-32-001363
LIBRE destina parte dos seus ingresos a proxectos sociais.
DESEÑO WEB hárbol estudio | © LIBRE PSICOLOXÍA 2026